Anna Sundström
Anna Sundström | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Anna Christina Persdotter |
Nacemento | 26 de febreiro de 1785 |
Lugar de nacemento | Spånga |
Falecemento | 27 de xuño de 1871 |
Lugar de falecemento | Estocolmo |
Nacionalidade | Suecia |
Ocupación | química |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anna Sundström, nada o 26 de febreiro de 1785 e finada en 1871, cuxo nome de nacemento era Anna Christina Persdotter, foi unha química sueca que traballou como axudante do químico Jöns Jacob Berzelius de 1808 a 1836. Anna Sundström é considerada a primeira química sueca.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anna Persdotter era filla do granxeiro Per Jansson e máis tarde adoptou o seu nome científico de Sundström. Trasladouse á capital para traballar como criada e en 1808 foi contratada como empregada do fogar de Jöns Jacob Berzelius, quen a tratou como axudante e colega nos seus estudos. Durante o seu traballo na casa Berzelius recibiu unha educación en química e adquiriu unha gran cantidade de coñecementos na disciplina. Berzeluis afirmou que: "Ela utilizou o meu equipo e coñece o nome do equipo como unha graduada, e podo dicir con seguridade que pode destilar ácido clorhídrico .[2] Sundström tamén xestionaba o seu laboratorio e supervisaba aos seus estudantes, que a chamaban cariñosamente "a estrita Anna".
Anna Persdotter viuse obrigada a rematar o seu traballo con Berzelius cando este casou con Elisabeth Poppius en 1836.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Cada ano a división de química inorgánica da Academia Sueca de Química elixe a mellor tese de doutoramento en química inorgánica e outorga á autora o Premio Anna Sundström.[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Karolinska Institutet 200 År - 1810-2010
- ↑ "Sundström". Archived from the original on 20 de marzo de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2021.
- ↑ "Anna Sundström Award". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2021.
- ↑ "Anna Sundström". KTH (en inglés). Consultado o 2021-12-18.