Saltar ao contido

Anna Maleras Colomé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Maleras Colomé
Biografía
Nacemento1940
Barcelona
EducaciónInstitut del Teatre Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónCoreógrafa, bailarina
EmpregadorGran Teatre del Liceu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJoan Magriñá (pt) Traducir e Emma Maleras Gobern (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMarta Almirall i Elizalde (en) Traducir, Montserrat Colomé i Pujol (en) Traducir, Cesc Gelabert (pt) Traducir e Ramón Oller (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Anna Maleras Colomé, nada en Barcelona en 1940, é unha bailarina e coreógrafa coñecida pola súa tarefa de difusión da danza contemporánea en España. Foi pioneira da danza contemporánea e do jazz (danza do teatro e do cine musical).[1] En 1967 creou o Estudi Anna Maleras, que xunto a Heura foron as primeiras escolas de danza contemporánea de Cataluña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse en danza clásica, escola de bolos e danza española en Barcelona. Aos seis e sete anos aprendeu danza española e clásica con Dolores Rusca, que lle permitiu asistir ás súas clases gratuitamente, algo que Maleras lembra como clave na súa carreira, xa que a súa familia non podía pagar por elas. Joan Magriñá tamén foi fundamental na súa carreira, tamén porque lle daba clases gratuítas dende os dezaseis anos e co que seguiu aprendendo aínda despois de abrir o seu estudo de danza, como ela mesma conta nas súas memorias. [2] [3]

Colaborou con numerosos bailaríns, coreógrafos e profesorado de danza moderna, jazz e contemporáneo de varios países de todo o mundo. Titulouse polo Instituto do Teatro de Barcelona.

Formou parte como bailarina do Gran Teatro do Liceo coa compañía de Joan Magriñà. En 1967 creou a súa escola, chamada entón Estudi Anna Maleras e que posteriormente pasou a chamarse Escola de dansa Anna Maleras.

Na década dos 70 revolucionou a danza, cansada da oferta limitada que había até o momento (escola boleira de Barcelona ou de Madrid-Sevilla, flamenco, danza clásica española e danza clásica) incorporou a danza que se facía noutros países, e especialmente a danza moderna, o jazz, o claqué e o contemporáneo.[1]Maleras quería ir máis alá e cando Walter Nicks coreógrafo en Suecia de West side Story, impartiu a primeira clase de jazz en Barcelona, decatouse de como este musical lles abriu a mente a ela e a outras persoas con moita gana de aprender.[1]

No seu primeiro obradoiro, en Mallorca (1976), introduciu o jazz e a danza moderna e ensinouno durante nove edicións ata trasladalo a Begur e posteriormente a Sitges.[1]En 1979 creou a compañía de danza Grup Estudi Anna Maleras, que dirixiu ata o ano da súa disolución, en 1989.

Foi nomeada vogal do Consello de Danza do Ministerio de Cultura en 1997 e dende 2009 pertence ao Consell d'Assessors Artístics do Gran Teatre del Liceu.[4] De 1997 a 2004 formou parte do xurado do Local Nacional de Cataluña.

Formou grandes figuras como Francesc Bravo, Avelina Argüelles, Montse Colomé, Marta Almirall, Ramón Oller ou Cesc Gelabert. Como curiosidade, entre o seu alumnado estivo o escritor Luis Racionero. [1]

En 2017, declarou nunha entrevista coa Axencia EFE, a "necesidade de educar a sensibilidade dos nenos, o coñecemento do seu propio corpo e das súas posibilidades harmónicas, sempre vinculadas a unha boa aprendizaxe musical, seguindo o modelo educativo suízo". Deste xeito reivindicou o ensino da danza nos centros educativos como parte dos plans de estudo. [3]

Premios e honras

[editar | editar a fonte]
  • 2019ː Medalles d’Or al Mèrit Cultural del Ayuntamiento de Barcelona, junto a Cesc Gelabert.[5][4]
  • 2008: Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña.[6]
  • 2004: Premio de l'Associació de Professionals de la Dansa de Cataluña.
  • 1999: Premi Nacional de l'ensenyament de les Arts, en l'especialitat de dansa contemporània
  • 1999: Premi Cesc Gelabert
  • 1995: Medalla de Plata ao Mérito a las Bellas Artes del Ministerio de Cultura.[7]
  • 1988: Premio Nacional da Danza, de la Generalidad de Cataluña
  • 1985: Premio a profesionalidade, da Universidade de Barcelona e Ràdio 4

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]