Anna Birulés
Anna Birulés | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Anna Maria Birulés i Bertran |
Nacemento | 28 de xuño de 1954 |
Lugar de nacemento | Xirona |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de California en Berkeley e Universidade de Barcelona |
Ocupación | política, economista e empresaria |
Irmáns | Josep Maria Birulés i Bertran |
Premios | Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anna María Birulés i Bertrán, nada en Xirona o 28 de xuño de 1954, é unha política e directiva empresarial española que exerceu de ministra de Ciencia e Tecnoloxía durante o segundo goberno de José María Aznar.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anna Birulés naceu na cidade de Xirona en 1954.[1] Birulés, que militou no PSUC a finais da década de 1970,[2] estudou Ciencias Económicas na Universidade de Barcelona, ampliando posteriormente os seus estudos na Universidade de California en Berkeley, nos Estados Unidos. É membro do Círculo de Empresarios e da xunta do Círculo de Economía de Barcelona.
Iniciou a súa actividade profesional no Departamento de Industria da Generalitat de Cataluña, desempeñando o cargo de directora xeral do Centro de Información e Desenvolvemento Empresarial (CIDEM), directora xeral de Promoción Comercial, presidenta do Consorcio para a Promoción Comercial de Cataluña (COPCA), baixo as ordes do director xeral de Industria da Generalitat, Josep Piqué. En 1997 abandonou o seu cargo de secretaría xeral do Banc Sabadell para ser nomeada directora xeral de Retevisión, desde onde dirixiu o proceso de expansión do operador de telecomunicacións, mediante a vertebración da compañía a través das súas filiais Retevisión Móvil (telefonía móbil), Onda Digital (televisión dixital terrestre e Retevisión Interactiva (servizos de internet).
Sen estar afiliada a ningún partido político, foi nomeada ministra de Ciencia e Tecnología coa formación do segundo goberno de José María Aznar no ano 2000. Ocupou o cargo ata o 10 de xullo de 2002, cando foi substituída por Josep Piqué.
Distincións[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Eyre, Pilar (13 de xaneiro de 2002). "¿Por qué ya no se quieren tanto?". Crónica El Mundo (326).
- ↑ Rusiñol, Pere (3 de novembro de 1999). "Piqué quiere situar a Anna Birulés como "número dos" del Partido Popular en las generales". El País.
- ↑ Presidencia del Gobierno: "Real Decreto 757/2002, de 19 de julio, por el que se concede la Gran Cruz de la Real y Muy Distinguida Orden de Carlos III a doña Anna María Birulés i Bertrán" (PDF). Boletín Oficial do Estado (173): 26928. 20 de xullo de 2002. ISSN 0212-033X.