Pilar Eyre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilar Eyre Estrada
Pilar Eyre 2152.jpg
Nacemento13 de setembro de 1951 (71 anos)
 Barcelona, España
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e xornalista
XénerosNarrativa, ensaio
Na rede
IMDB: nm1932488 Twitter: pilareyre Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pilar Eyre Estrada, nada en Barcelona o 13 de setembro de 1951, é un novelista e periodista española de orixe galega.

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla do pintor galego Vicente Eyre Fernández († 2008) e de Pilar Estrada Borrajo de Orosco († 1992), Pilar é a mediana de tres irmás. As súas irmás chámanse Olga e Georgina.[1] Tras estudar Filosofía e Letras e Ciencias da Información, adicouse plenamente ao xornalismo, en primeiro lugar en prensa escrita, colaborando en diarios como Hoja del Lunes, La Vanguardia, Interviú, El Periódico de Catalunya ou El Mundo.

Posteriormente, deu o salto aos medios audiovisuais, tanto radio coma televisión. Foi a través da pequena pantalla como obtivo un maior grao de popularidade, colaborando sobre todo como analista e comentarista de crónica social. Así, dende principios da década de 1990 comezou a colaborar con Jordi González no programa La palmera (1991), que se emitía en Televisión Española. Sucesivamente, as súas aparicións como contertulia e entrevistadora habitual, inclúen os espazos La máquina de la verdad (1993), con Julián Lago, Hormigas blancas (2007), con Jorge Javier Vázquez, ¡Qué tiempo tan feliz! (2010), con María Teresa Campos e La Noria (2008-2012) de novo con Jordi González.

A súa relación coa literatura iníciase en 1985, cando publica Vips: todos los secretos de los famosos. Foi finalista do Premio Planeta 2014 coa novela Mi color favorito es verte, historia autobiográfica que conta a historia de amor de madurez dunha xornalista cun reporteiro de guerra, ao que coñece tres días antes de que este teña que partir, o seu secuestro e a busca que a periodista emprende para tratar de reencontralo.

En decembro de 2015 gañou o I Premio Joaquín Soler Serrano de Literatura.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]