Anguis incomptus
Anguis incomptus = Ophisaurus incomptus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
CC[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Anguis incomptus (McConkey, 1955) |
Anguis incomptus, é unha especie de réptil da orde dos escamosos e familia dos ánguidos, unha das seis comprendidas, segundo moitos autores, dentro do xénero Anguis.[2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1955 polo zoólogo estadounidense Edwin H. McConkey, co nome de Ophisaurus incomptus.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Anguis.
O epíteto específico, incomptus, deriva do latín incomptus, termo formado polos elementos in- e -comptus, participio pasado do verbo comere, "adornar".[5] Literalmente: "sen adornos".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]A especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Anguis incomptus Terán-Juárez, 2008
- Anguis incomptus Bryson & Graham, 2010
- Ophisaurus incomptus McConkey, 1955 (protónimo)
- Ophisaurus incomptus Liner, 1994
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Numerosos autores consideran invadida a clasificación desta especie dentro do xénero Anguis, e consideran que está integrada no xénero Ophisaurus.[4][6]
Distribución é hábitat
[editar | editar a fonte]Esta especie é un endemismo mexicano. Debido a que o holótipo (exemplar físico único) é o único exemplar da especie coñecido, a distribución coñecida para esta especie está restrinxida aos arredores da Cidade Valles, no estado de San Luis Potosí. A maior parte do bosque tropical caducifolio que orixinariamente se encontraba nos arredores da localidade tipo da especie desapareceron na actualidade case por completo. Esta zona presenta un clima cálido semihúmido, e se encontra a unha altitude de 100 msnm.[7]
A súa posíbel área de distribución é de menos de 5 000 km² e actualmente coñécense menos de cinco lugares. Porén, pode encontrarse nunha zona máis ampla.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Esta enigmática especie é un dos réptiles mexicanos menos coñecidos. O único exemplar coñecido até o día de hoxe foi usado para a descrición da especie por McConkey en 1955.[7]
Ten reprodución sexual, e é unha especie dioica. Confía en correr para desprazarse en caso de perigo.[2] Trátase dunha especie forestal, que prefire solos areosos preto das beiras dos ríos, a miúdo dentro do bosque caducifolio tropical. Non se estudou aínda o seu ciclo vital, pero sábese que especies moi relacionadas son ovíparas.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A UICN cualifica o status desta especie como CC (datos insuficientes) á vista das incertezas sobre a súa área de distribución, o estado da súa poboación e os requisitos ecolóxicos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Lavin, P. & Mendoza-Quijano, F. (2007): Anguis incomptus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-1. Consultada o 31 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Plainneck Glass Lizard. Anguis incomptus (McConkey 1955) na EOL.
- ↑ Anguis incomptus (McConkey, 1955) no GBIF.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Ophisaurus incomptus McConkey, 1955 en The Reptile Database.
- ↑ incompt no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Anguis incomptus (McConkey, 1955) ni ITIS.
- ↑ 7,0 7,1 Culebrilla de Cristal de San Luis Potosí (Anguis incomptus) en Naturalista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Holman, J. A. (1971): "Ophisaurus incomptus McConkey. Plain-necked glass lizard". Catalogue of American Amphibians and Reptiles 114.