Saltar ao contido

Andevoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndevoto
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder militar Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Andevoto, en latín Andevotus, morto polo 437, foi un líder militar de probable orixe vándala[1] ao mando dun exército privado que actuou en Hispania ao servizo da poderosa aristocracia terratenente hispanorromana da Bética.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No ano 437, participou nunha batalla nas beiras do río Genil, onde se enfrontou ao rei suevo Requila. Este venceu, facéndose cun gran botín en ouro e prata.[1][2]

Hipóteses sobre a orixe

[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa orixe non está clara, para uns era un xeneral romano e para outros era un caudillo vándalo que non seguira a Xenserico cando este pasou a África no 429.[3] Neste caso, a denominación de Andevoto sería a latinización do antropónimo xermánico Anduit, de orixe vándala ou ostrogoda.[3]

Segundo Isidoro de Sevilla, Andevoto era o líder militar dos exércitos romanos (dux Romanae Militiae) afincados en Hispania.[4] Con todo, o bispo de Híspalis non é recoñecido como a fonte máis fiable para os acontecementos acaecidos en Hispania no século V. Segundo E.A. Thompson, seria un comes Hispaniarum enviado a Hispania pola corte de Rávena,[5] enviado ao mesmo tempo có conde Censorio, para pór remate aos ataques dos suevos na Bética.

Doutra opinión é Hidacio, quen opina que ía cum sua manu. Esta hipótese é refrendada por Sanz quen interpreta a frase como tropas dependentes del mesmo.[6] Segundo isto, é posíbel que actuase en Hispania cun exército propio contratado pola poderosa nobreza hispanorromana para se defenderen dos ataques e saqueos xermánicos.

  1. 1 2 Cawley, Charles; FMG (2021). "Medieval Lands". fmg.ac (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2021.
  2. Hidacio, Chronicon XIV (en latín)
  3. 1 2 Martindale (1980), p. 86
  4. Isidoro de Hispalis, Historia Suevorum, 85 (en latín)
  5. Thompson (1982), p. 220
  6. Sanz (1986), p. 260

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]