Andatuz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andatuz é o nome da mascota oficial de Guadalinex, unha distribución Linux promovida pola Xunta de Andalucía e baseada en Ubuntu. Baseándose na mascota oficial de Linux Tux, José Gil[1] deseñou un pingüín con aspecto máis xuvenil. Símbolo para un proxecto xove e innovador que inicialmente se creou para os centros educativos. Ademais da mascota oficial, cada ano Guadalinex lanza unha enquisa[2] para elixir o animal que representará á nova versión. Esta enquisa vén realizándose dende a versión V3. Tan só en dúas ocasións, o animal que representaba á nova versión estivo baseado na mascota oficial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Andatuz en la Guadapedia". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013. 
  2. "Elegido el animal-mascota que representará la nueva versión". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]