Andar21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Andar21 foi unha revista electrónica de poesía publicada desde o 29 de maio de 2001 até o 15 de xaneiro de 2012.

Con máis de 200 colaboradores de distintos países, Andar21 foi un dos primeiros proxectos colaborativos da cultura galega en internet.[1] "Algúns dos colaboradores da revista son autores que comezan, con vontade de construíren unha carreira literaria e á busca de novos espazos de publicación pero este non é o único público de Andar21. Entre os colaboradores hainos habituais, outros ocasionais e tamén os que se achegan á revista desde fóra. Están os emigrantes que encontran un novo espazo de comunicación desde Buenos Aires ou Murcia pero tamén os escritores, principalmente do ámbito da lusofonía, que entran tamén así en diálogo coa creación literaria galega."[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. “Poética de redes: a poesía no medio electrónico”, en "Da tinta á pegada dixital: Actas do VI Encontro de novos escritores/as", Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, A Coruña, 2011
  2. Vidal, Carme (13/11/2003). "Nace www.andar21.net, un sitio para a creación cultural". A nosa terra (1.104): 20. ISSN 0213-3105. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]