Revista electrónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha revista electrónica, webzine ou e-zine (fanzine electrónico) é un tipo especial de revista que se caracteriza por non estar distribuído en papel, senón que se distribúe dixitalmente a través da rede. Presentan moitas semellanzas cos blogues, mais diferéncianse deles sobre todo no control editorial. Normalmente os webzines contan cun editor ou equipo editorial que revisa os contidos e realiza a función de control de calidade de todo o material a publicar na internet.

Existe un pequeno matiz que diferenza aos webzines ou fanzines en liña dos e-zines, e é que estes últimos son máis xenéricos ao referirse non só aos publicados na World Wide Web senón tamén aos distribuídos por calquera método electrónico como o correo electrónico. Tamén existen fanzines que ofrecen unha versión impresa e outra en liña (podendo ser estas versións idénticas ou presentar diferenzas).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.