Anastasio II (emperador)
Anastasio II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século VII |
Falecemento | 1 de xuño de 719 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Causa | decapitación |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | gobernante |
Cónxuxe | Irene |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anastasios II Artemios (Αναστάσιος Β' Αρτέμιος), en galego Anastasio II Artemio ou Anastasio II (morto en 721), foi un emperador bizantino que gobernou o imperio uns poucos anos a principios do século VIII (713-715).[1][2]
O seu nome orixinal era Artemios e tomou o de Anastasio cando accedeu ao trono. Foi nomeado emperador polo Senado de Constantinopla e polo pobo en 713, despois de que unha revolta do thema (distrito militar) de Opsikion derrocará ao seu predecesor Filípico, ao que servira como secretario.
Naquel momento o imperio estaba seriamente ameazado polos sarracenos tanto por mar como por terra. Anastasio II foi un emperador activo e resolutivo que tomou numerosas medidas. Enviou un exército baixo o mando do futuro emperador León o Isáurico para defender Siria, adoptou medidas resolutivas e intelixentes para defender a súa capital; intentou reorganizar a disciplina do seu exército e equipou e enviou unha formidábel forza naval a Rodas para evitar a caída da illa en mans do inimigo.
As súas medidas disciplinarias fixeron que as resentidas tropas do thema de Opsikion se amotinasen de novo contra o emperador en 715 e proclamasen como novo emperador a Teodosio III, un escuro oficial fiscal de extracción humilde. Logo dun asedio que durou seis meses, Constantinopla foi tomada por Teodosio. Anastasio derrocado, fuxiu a Nicea, onde finalmente se rendeu en 716 e recoñeceu a Teodosio como novo emperador. Anastasio retirouse a un mosteiro en Salónica.
Anos despois, en 721, Anastasio volveu á vida pública encabezando unha revolta contra León III, o sucesor de Teodosio. Anastasio recibiu un considerábel apoio e puxo Constantinopla baixo asedio; pero o asedio fracasou e Anastasio, que caeu preso en mans de León foi finalmente executado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ravegnani 2008, p. 183.
- ↑ "The Emperors of the Byzantine Empire". Hellenic Macedonia (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ravegnani, Giorgio (2008). Imperatori di Bisanzio (en italiano). Bologna: Il mulino.
- Strefling, Sérgio Ricardo (2002). Igreja e poder: plenitude do poder e soberania popular em Marsílio de Pádua (en portugués). EDIPUCRS.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Filípico |
Anastasio II (emperador) | Precede a: Teodosio III |
sen dinastía |