Anais fragmentarios de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Anais fragmentarios de Irlanda é un compendio de crónicas medievais en lingua irlandesa media procedentes de varios anais irlandeses e varias historias narrativas. Foron compiladas no reino de Osraige, probablemente durante o reinado de Donnchad mac Gilla Pátraic (m. 1039), rei de Osraige e rei de Leinster.

Os anais fragmentarios copiáronse en 1643 para o reverendo John Lynch por Dubhaltach Mac Fhirbhisigh dun vellum do século XV que pertenceu a Giolla na Naomh Mac Aodhagáin (Nehemias MacEgan). Mac Aodhagáin, que morreu cara a 1443, era profesor de leis Brehon no condado de Ormonde. O único manuscrito que sobreviviu dos anais fragmentarios, que no presente se atopa na Biblioteca Real de Bélxica en Bruxelas, non pertence a Mac Fhirbhisigh, é unha obra dun escritor anónimo que fixo unha pobre copia do texto de Mac Fhirbhisigh, engadindo comentarios á marxe e un índice. O manuscrito (MS. 7, c. n. 17) está incompleto e inclúe cinco fragmentos de anais a partir de 573 e finalizando en 914. O que sobreviviu súmase á sinopsis da hipotética Crónica de Irlanda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • John O'Donovan (editor & traductor) Annals of Ireland: three fragments. (Dublín 1860)
  • Joan N. Radner (editor & traductor) Fragmentary annals of Ireland (Dublín 1978)