Ana Matnadze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana Matnadze
Nome completoანა მათნაძე
Nacemento20 de febreiro de 1983
Lugar de nacementoTelavi
NacionalidadeXeorxia e España
Alma máterUniversidade Estatal de Tbilisi
Ocupaciónxadrecista
Na rede
Twitter: AnaMatnadze Instagram: ana_matnadze Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ana Matnadze (en xeorxiano: ანა მათნაძე), nada en Telavi, Xeorxia o 20 de febreiro de 1983, é unha xogadora de xadrez xeorxiana que representa a España. Alcanzou a categoría de mestra internacional e Gran Mestra.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai ensinoulle a xogar ós catro anos e empezou a viaxar ós seis; pouco despois xa tiña como adestradora á ex-campioa do mundo Nona Gaprindashvili, unha das grandes ídolos dos xeorxianos. Sufriu entón un adestramento intensivo de dez horas diarias. Xogou o Mundial sub 10 en Bratislava (Checoslovaquia) e gañouno. Seguiron outros éxitos: pentacampiona de Europa (dous sub 12, un sub 14, dous sub 16) e campioa do mundo sub 14. Xa na adolescencia empezou a desenvolver outra das súas paixóns, a aviación. Matnadze converteuse en Mestra Internacional Feminina (WIM) en 1999, en Gran Mestra Feminina (WGM) en 2002, e en Mestra Internacional (IM) en 2006. Empezou a frecuentar España e xogaba a liga Catalá os fins de semanas durante tres meses combinándoa con outros torneos ata que, en 2004, decidiu vivir en Barcelona. Licenciada en filoloxía xermánica en Tiblisi, domina a linguas castelá, xeorxiana, rusa, alemá, inglesa, portuguesa e catalá. Participou en numerosas sociedades e actividades benéficas e, fascinada polos vampiros, é a personaxe protagonista dun libro de Miguel Álvarez Morales, AnnA La Vampiresa (2012).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2005. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.