Ana Kalandadze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana Kalandadze
Nacemento15 de decembro de 1924
Lugar de nacementoKhidistavi
Falecemento11 de marzo de 2008
Lugar de falecementoTbilisi
Causadoença cerebrovascular
SoterradaPantheon de Mtatsminda
NacionalidadeUnión Soviética e Xeorxia
Alma máterUniversidade Estatal de Tbilisi
Ocupaciónpoeta, tradutora e escritora
CónxuxeShalva Mchedlishvili
PremiosOrde da Insignia de Honra, Order of Honour, Shota Rustaveli State Prize, Galaktioni Prize, State Prize of Georgia e Saba prize
Na rede
Find a Grave: 91619439 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ana Kalandadze, nada en Chokhatauri o 15 de decembro de 1924 e finada en Tbilisi o 11 de marzo de 2008, foi unha poeta xeorxiana .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casa natal de Ana Kalandadze en Khidistavi

Naceu no seo dunha familia campesiña na aldea de Khidistavi da rexión de Guria. Formouse no instituto de Kutaisi ata 1941 e logo continuou estudos de filoloxía na Universidade Estatal de Tbilisi para graduarse en linguas caucásicas en 1946. Os seus primeiros poemas publicounos nas revistas Literatura da khelovneba e Mnatobi no ano da súa graduación. Dende 1952 traballou como investigadora principal no departamento de lexicoloxía do Instituto de Lingüística Arnold Chikobava da Academia de Ciencias de Xeorxia. En 1953 apareceu a súa primeira colección de poemas e sucesivas recolleitas da súa poesía apareceron en 1958, 1960, 1967 e 1976. Publicou máis de 700 poemas[1] nun estilo elaborado con rimas sutiles e curtas, raramente con máis de oito versos, e un lirismo persoal, que acadaron moita popularidade dende o comezo[2] e moitos deles transformáronse en cancións populares. Dende 1993 foi académica da Academia de Ciencias de Xeorxia.

Traduciu ao xeorxiano a Stéphane Mallarmé e Aleksandr Pushkin entre outros poetas clásicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donald Rayfield (2013). The Literature of Georgia: A History. Routledge. p. 274. 
  2. "100 Poems". Georgian National Book Center.