Ana Colovic Lesoska
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (43/44 anos) Skopje |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Macedonia do Norte |
Actividade | |
Ocupación | ecoloxista , bióloga |
Ana Colovic Lesoska, nada c. 1979, é unha bióloga macedonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2011 comezou unha campaña contra a construción de diques para a produción de enerxía hidroeléctrica no Parque Nacional de Mavrovo, co fin de salvagardar as especies ameazadas, incluíndo o lince balcánico.[1][2] Isto levou á retirada dos préstamos do Banco Mundial e o Banco europeo para Reconstrución e Desenvolvemento (EBRD), convencendo ao goberno de Macedonia do Norte de suspender as obras das presas no parque nacional.
A bióloga Colovic Lesoska, escoitou falar en 2010 dos plans para crear instalacións hidroeléctricas en Mavrovo. Entre elas, a presa de Boškov Most, de 33 metros de altura e a presa de Lukovo Pole, de 70 metros de altura. Como directora executiva do centro de investigación ambiental macedonio Eko-svest, en colaboración con outra ONG e activistas, lanzou a campaña "Salvar Mavrovo".[3] En novembro de 2011, presentou unha queixa ante o ERBD, explicando que aprobaran un préstamo para o proxecto Boškov Mostsin sen realizar a avaliación medioambiental requirida. Animou ás embaixadas con representantes no consello de administración do EBRD a meter presión para pór fin ao financiamento. Unha petición que lanzou instando o goberno, ao ERBD e ao Banco Mundial para pór fin a eses proxectos conseguiu preto de 100 000 firmas.[4]
En 2013, presentou unha queixa ante o Convenio de Berna sobre a conservación da vida silvestre e os hábitats naturais europeos, explicando que o proxecto hidroeléctrico de Boškov Most "podería ter un impacto negativo decisivo no lince". En decembro de 2015, o Convenio de Berna ordenou ao ERBD e ao Banco Mundial suspender o financiamento xa que o proxecto podería ter "un impacto negativo decisivo sobre o lince".[4] O Banco Mundial retirou inmediatamente o financiamento e, o mes de maio seguinte, unha decisión xudicial anulou o permiso ambiental do proxecto Boškov Most. En xaneiro de 2017, o BERD cancelou o financiamento.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En recoñecemento aos seus esforzos e logros, en abril de 2019 Ana Colovic Lesoska foi unha das seis persoas galardoadas co Premio ambiental Goldman.[5][4][6] Foi a primeira vez que se concedeu este premio a Macedonia do Norte.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Colovic Lesoska, Ana (30 de novembro de 2015). "Bern Convention Committee to decide fate of Balkan lynx and Boškov Most hydropower plant in Macedonia". Bankwatch Network. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ "Eligibility Assessment Report: Complaint Boskov Most HPP" (PDF). European Bank for Reconstruction. 1 de decembro de 2011. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ "Eko-svest". Bankwatch Network. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Ana Colovic Lesoska". The Goldman Environmental Prize. 29 de abril de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ Dasgupta, Shreya (29 de abril de 2019). "Meet the winners of the 2019 Goldman Environmental Prize". Mongabay. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ "Conoce a los seis ‘premios Nobel’ de la protección ambiental de este año" (en castelán). 2019-05-02. Consultado o 2021-02-04.
- ↑ "Macedonian activist wins Goldman Environmental Prize". Balkan Green Energy News. 30 de abril de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019.