Saltar ao contido

Ampelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ampelo»)
Modelo:BiografíaAmpelos

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἄμπελος Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónMitoloxía grega e Mitoloxía romana Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata

Ampelo, Ámpelo ou Ampelos (do grego antigo Αμπελος, "cepa de vide"),[1] na mitoloxía grega, era o fillo dun sátiro e dunha ninfa, amais do amante do deus Dioniso.

O deus Dioniso, amante de Ampelo.

Era coñecido por relacionarse docilmente coas feras da natureza, salvo cunha da cal estaba advertido por Dioniso, o touro. Certo día un touro apareceu na ribeira do río no que se atopaba Ampelo e este decidiu montalo; todo ía ben, pero de súpeto o touro comezou a correr e Ampelo perdeu o control, caendo ó chan, rompendo o pescozo e sendo arrastrado por unha hasta do touro durante uns cantos metros. Dioniso descubriu o seu corpo, e grazas a iso o deus que nunca choraba comezou a chorar. Nese momento naceu do corpo de Ampelo unha vide e grazas á súa morte naceu o viño, polo cal sería famoso Dioniso.

Segundo outra versión, o deus agasallouno cun acio de uvas que colgou dunha árbore. Ao querer collelo, Ampelo rubiu á árbore mais acabou caendo dela e matouse e Dioniso o converteu nunha constelación.[1]

  1. 1,0 1,1 Grimal (1989), p. 25

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]