Amparo González Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amparo González Méndez
Amparo González Méndez.jpg
Nome completoAmparo González Méndez
Nacemento1973
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Amparo González Méndez, nada en Ourense en 1973, é unha economista e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora de Formación e Emprego da Confederación Empresarial de Ourense (2003-2005) e secretaria xeral da Federación Galega de Asociacións de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (FEGASINEL). Foi elixida parlamentaria pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 2005. En 2009 foi nomeada directora xerente da Funga e en febreiro de 2012 directora xeral de Promoción do Emprego. En decembro de 2012 nomeárona Directora Xeral de Familia e Inclusión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]