Amoeba proteus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amoeba proteus
Wilson1900Fig3.jpg
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Amoebozoa
Filo: Tubulinea
Orde: Tubulinida
Familia: Amoebidae
Xénero: 'Amoeba'
Especie: ''A. proteus''
Nome binomial
''Amoeba proteus''

Amoeba proteus (antes chamada Chaos diffluens), é unha especie de protozoos, principal representante do xénero Amoeba. O nome proteus déuselle polo antigo deus grego Proteo, que podía cambiar de forma, igual que fai esta ameba, debido á emisión de expansións chamadas pseudópodos, que utiliza para moverse e capturar por fagocitose pequenos organismos unicelulares. Estes, unha vez capturados, quedan dentro dun vacúolo dixestivo, onde son dixeridos encimaticamente. Vive en ambientes de auga doce e aliméntase doutros protozoos, incluídas outras amebas máis pequenas, algas, e rotíferos (invertebrados). O seu tamaño é variable segundo expanda os seus pseudópodos e adoita estar entre 220-740 microns, o que é un tamaño considerable para un protozoo. [1] Como contén fitocromos coloreados, A. proteus pode presentar diversas cores ollada ao microscopio, polo que as hai de aspecto amarelo, verdoso, púrpura etc. Presenta un vacúolo contráctil mediante o cal expulsa o exceso de auga da célula, facendo deste modo unha osmorregulación.[2] O vacúolo está rodeado de pequenas vesículas que traen a auga.

A. proteus posúe un núcleo celular, que contén cromatina granular. Está relacionada coas amebas xigantes do xénero Chaos pero este é un xénero multinucleado. O seu xenoma é moi grande, con 290 mil millóns de pares de bases (outra ameba relacionada, como é Polychaos dubium supéraa con 670 mil millóns), polo que é moito máis grande que o xenoma humano (de só 2,9 miles de millóns de pares de bases).[3]

Galería de vídeos[editar | editar a fonte]

Amoeba proteus en movemento.
Amoeba fagocitando unha diatomea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Amoeba proteus». Amoebae on the Web. Consultado o 2013-23-10. 
  2. Nishihara E, Shimmen T, Sonobe S (December 2004). «Functional characterization of contractile vacuole isolated from Amoeba proteus». Cell Struct. Funct. 29 (4): 85–90. doi:10.1247/csf.29.85. PMID 15665503. 
  3. Winstead, Edward R. (12 February 2001). «Sizing up genomes: Amoeba is king». Genome News Network. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]