Saltar ao contido

Amalia Fraguela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmalia Fraguela
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata
Sedes, España Editar o valor en Wikidata
Morte1958 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor en Wikidata - 1942 Editar o valor en Wikidata
MovementoAnarquismo Editar o valor en Wikidata

Amalia Fraguela, nada en Sedes (Narón) en 1884 e finada en Ferrol en 1958 foi unha sindicalista anarquista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No verán de 1912 formou en Ferrol xunto con Rosario Sardiña e Emilia Cora un dos primeiros grupos galegos de mulleres anarquistas, que nomearon La Linterna.[1] Iniciaron a súa actividade co manifesto "A las mujeres". O seu obxectivo era cooperar coa propaganda emancipatoria das mulleres e outros grupos afíns.[2] As actividades de La Linterna non duraron moito tempo, porque Amalia Fraguela marchou de Ferrol con destino ao País Vasco, se ben seguiu colaborando na publicación anarquista ferrolá Cultura Libertaria, que acolleu tamén textos de Isabel Barea e Teresa Claramunt entre outras autoras.[3]

Desde a súa chegada a Baracaldo foi unha sindicalista moi activa, deixando constancia das súas accións en múltiples facetas. Participou en varias campañas solidarias para recadar diñeiro, como na axuda de persoas presas por cuestións sociais e noutra de axuda aos libertarios mexicanos no ano 1912.[3] Enseguida tomou parte en mitins, destacando o celebrado en Baracaldo en novembro de 1912, no local da Sociedade de Cargadores do Peirao, onde pechou o acto xunto a outros compañeiros, resaltando a importancia da educación para acadar a liberdade e o progreso.[4]

Amalia Fraguela seguía coa súa idea de organizar as mulleres e facer propaganda dos ideais anarquistas entre elas. Froito deste empeño tivo lugar a fundación do grupo anarquista feminino Luz y Armonía en marzo de 1913.[5] Así, manifestaron o seu obxectivo de propagar os ideais anarquistas a través de folletos e da prensa tratando de educar e educarse.[6][7]

"Romped, amigas mías, esa terrible cadena que os oprime; avanzad animosas y desechad esas rancias ideas que cada día aumentan más vuestra situación de esclavas y hacen más dificultoso vuestro camino".[8]
Amalia Fraguela

Regresou a Ferrol durante a II República pero estivo apartada da militancia. A partir de 1942 traballou no servizo de limpezas do Concello de Ferrol, e faleceu en 1958 pouco tempo despois de se xubilar.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1912 foi nai xunto con Vicente Couce dunha nena, que chamaron Luz Armonía.[3] Cara a 1919 tiveron outro fillo chamado Vicente, O seu fillo, militante das Juventudes Libertarias, que estaba a facer o servizo militar no Cuartel das Dores de Ferrol cando estalou o golpe de Estado en 1936. Vicente Couce tentou participar na liberación de varios presos condenados á morte, pero a acción foi descuberta e os implicados axustizados sumariamente.[9]

  1. "Avisos a periódicos y revistas" (PDF). Tierra y libertad. 21 de agosto de 1912. p. 3. Consultado o 23 de marzo. 
  2. "Liña do tempo" (PDF). p. 21. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Fernández Fernández, Eliseo (2005). "O protagonismo feminino". Obreirismo ferrolán. A Nosa Terra. p. 191. 
  4. Marco López, Aurora (2015). Elas. Xanela. 
  5. "Barakaldo siglo XX: la sociabilidad femenina – Ezagutu Barakaldo". www.ezagutubarakaldo.net. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2017. 
  6. "Maremagnum" (PDF). 19 de marzo de 1913. p. 3. Consultado o 27 de marzo de 2017. 
  7. Zambrana, Joan. "El anarquismo organizado en los orígenes de la CNT. Tierra y libertad 1910-1919" (PDF). pp. 976 y 1.021. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  8. Amalia Fraguela (9 de xullo de 1913). "A las mujeres" (PDF). Tierra y Libertad. Consultado o 23 de marzo de 2017. 
  9. Amalia Fraguela na base de datos do proxecto Nomes e voces.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]