Saltar ao contido

Amaia Martínez Grisaleña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmaia Martínez Grisaleña

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Amaya Martínez Grisaleña Editar o valor en Wikidata
6 de novembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
12 de xullo de 2020 –

Circunscrición electoral: Araba

Datos persoais
EducaciónUniversidade do País Vasco - xornalismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, comerciante, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoVox Editar o valor en Wikidata

María Amaia Martínez Grisaleña, nada en Vitoria, Áraba o 6 de novembro de 1968, é unha xornalista e política española, membro do Parlamento Vasco dende 2020 polo partido político Vox, formación pola que foi candidata a lehendakari en 2020 e en 2024.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo e profesionalmente rexentou unha armería xunto ao seu marido antes da súa elección como deputada. Aínda que fala éuscaro,[2] manifestouse en contra do que cualifica como discriminación lingüística no País Vasco contra a lingua castelá.[3]

Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2020 foi cabeza de lista da candidatura de Vox por Áraba. O seu foi o único escano que Vox logrou nesas eleccións. O mesmo ocorreu nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2024, sendo ela a única deputada electa do partido.

  1. Redacción (12 de xullo de 2020). "Así es Amaia Martínez Grisaleña, la diputada de Vox en el País Vasco que entra en el Parlamento". La Sexta (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  2. Mikel Ormazábal (13 de xullo de 2020). "Amaya Martínez, la diputada vasca de Vox: una euskaldún que regenta una tienda de armas". El País. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  3. Redacción (13 de xullo de 2020). "Amaia Martínez Grisaleña, dueña de una armería, primera diputada de Vox en el País Vasco". El Plural. Consultado o 13 de xullo de 2020.