Américo Tesorieri
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1899 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de decembro de 1977 (78 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Chacarita | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1918 - 1927 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Américo Miguel Tesorieri, alcumado futbolisticamente como "La Gloria", nado en Boca, Buenos Aires, o 18 de marzo de 1899 e finado o 30 de decembro de 1977 foi un gardameta que xogou principalmente en Boca Juniors e que está considerado como un dos mellores da historia do fútbol arxentino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Club Aurora do barrio de Boca, da capital arxentina. Pronto pasou a Boca Juniors onde comezou xogando nas divisións inferiores no ano 1916, dous anos despois debuta no primeiro equipo onde xogaría ata a súa retirada no ano 1927 salvo un ano que xogou no Deportivo del Norte.
Participou na xira europea de Boca Juniors de 1925.
Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina xogando un total de 37 encontros coa albiceleste.
Gañouse o alcume de "La Gloria" ao manter a cero a portería nos campionatos Suramericanos de 1921 e 1924.
Retirouse sendo aínda moi xove, segundo recoñeceu el mesmo por cuestións internas do club, ao tomar partido das eleccións e non saír ben parada a opción que defendía o porteiro. Unha vez fora dos campos de xogo traballou un tempo na administración do club xeneize.
Falece o 30 de decembro de 1977
Ten, xunto co xogador paraguaio o récord de máis enfrontamentos entre dous xogadores na Copa América.
Participación na Copa América
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Resultado |
---|---|---|
1920 | Chile | Subcampión |
1921 | Arxentina | Campión |
1922 | Brasil | 4º posto |
1923 | Uruguai | Subcampión |
1924 | Uruguai | Subcampión |
1925 | Arxentina | Campión |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Campionatos internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa América | Selección de fútbol da Arxentina | Arxentina | 1921 |
Copa América | Selección de fútbol da Arxentina | Arxentina | 1925 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Gardameta invicto na Copa América | 1921 |
Gardameta invicto na Copa América | 1924 |