Saltar ao contido

Amélia Carvalheira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmélia Carvalheira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Gondarém Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora Editar o valor en Wikidata
Premios

Maria Amélia Carvalheira da Silva, nada en Vila Nova de Cerveira o 4 de setembro de 1904 e finada en Lisboa o 31 de decembro de 1998, foi unha escultora portuguesa, considerada un dos máximos expoñentes da arte sacra do país[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixinaria da freguesía de Gondarém, foi discípula de Salvador Barata Feyo, profesor da Escola de Belas Artes do Porto. Deuse a coñecer en 1949 ao lograr o premio de Artes Plásticas Mestre Manuel Pereira coa obra San Xoán de Deus, en barro policromado. Realizou e participou en exposicións tanto en Portugal coma no estranxeiro[2].

É autora da escultura O Anxo de Portugal (1958) e da escultura da Nosa Señora e de todas as Estacións da Vía Sacra dos Valinhos (1956) en Fátima, así como de seis estatuas da columnata do santuario da Nosa Señora de Fátima, de 2,3 metros cada unha e que representan a Santa Tareixa de Ávila, San Francisco de Sales, Santo Afonso María de Ligorio, San Simón Stock, Santo Ignacio de Loyola e San Xoán da Cruz[3]. Tamén é autora doutras moitas esculturas de arte sacra espalladas por todo Portugal.

En 1992 recibiu, do entón cardeal patriarca de Lisboa, António Ribeiro, a condecoración da Santa Sé Pro Eclesia et Pontificia. O 28 de maio de 1992 o presidente portugués Mário Soares atribuíulle o grao de comendadora da Orde do Mérito[4].

O concello de Lisboa deulle no ano 2004 o seu nome a un xardín da freguesía das Avenidas Novas [2].

  1. "O Anjo de Portugal- enriquece exposição de homenagem a Carvalheira da Silva em Vila Nova de Cerveira". infominho.com. 14 de novembro de 2018.
  2. 1 2 "Jardim Amélia Carvalheira". Concello de Lisboa.
  3. Guia do Peregrino de Fátima. Santuário de Fátima. 1997. pp. 44–45.
  4. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas".