Alétheia
Alétheia (en grego ἀλήθεια, "Verdade") é o concepto filosófico que se refire á realidade e á sinceridade dos feitos. Literalmente este concepto significa "aquilo que non está oculto, que é evidente, verdadeiro", tamén fai referencia ao "desocultamento do ser"
Orixe do concepto
[editar | editar a fonte]Acostúmase traducir o termo Alétheia por verdade, xa que "verdade" é a versión latinizada da palabra grega. Esta palabra procedente do verbo lantháno (estar oculto / permanecer oculto a alguén / pasar inadvertido para outro) e máis estritamente da súa forma antiga, homérica, letho, provén do substantivo léthe (esquecemento).
Así mesmo, Léthe e tamén un personaxe divino, filla da Discordia e nai das Grazas, que deu nome á Fonte do Esquecemento situada no Inferno, da que bebíanesquecer a súa vida subterránea. Esta lenda recolle o motivo do significado desta palabra, xa que esta é traducida por verdade, os mortos esquecían así a súa vida pasada, e así encontraban a verdad en cada nova vida.
Parménides e a Alétheia
[editar | editar a fonte]Parménides descubriu que hai un modo de pensar exacto fronte a innumerables outros que non o son, esta concepción consiste en que o pensamento vólvese de costas ás cousas e aténse a si mesmo, e dicir, ás significacións, ideas ou conceptos que as palabras expresan. Isto trae consigo que as relacións entre conceptos sexan ríxidas. Este posúe na mente un carácter de necesidade que non posúe ningún dos outros modos de pensar, o cal atende aos seus propios conceptos (pensar lóxico ou loxismo). No loxismo desaparece a subxetividade do individuo, quedando só a pura aptitude xenérica do receptor. Parménides ve o pensar lóxico como unha efectiva penetración da Realidade, poxectando sobre esta e os caracteres do pensar lóxico, pero fai isto xa que para el o pensar lóxico é unha proxección da Realidade sobre a mente humana.
Por iso existe unha dualidade radical entre o modo de pensar grego (ao preguntarse que é o Real, o Ente, ...) e, por exemplo, as crenzas de Parménides.
Platón e a Alétheia
[editar | editar a fonte]Cando un século despois apareceu Platón definindo o que é a Idea, ostentándoa como unha das súas potencias o don da exemplaridade, sendo modelo para as cousas do mundo sensible que propiamente non son, o que logra e verquer fora de si a súa condición constitutiva. A Idea, en efecto é porque é, como hai que ser para ser exemplarmente.
O pensamento platónico ten carácter metafísico e teolóxico e humanista, preocupándose moito pola posición do home no seo do ente, o que posteriormente dominará a metafísica, abrindo camiño cara ao comezo do humanismo.
Heidegger e a Alétheia
[editar | editar a fonte]O termo Alétheia é un concepto moi usado en estudos epistemolóxicos, porque ao definir a verdade como alétheia en lugar de correspondencia ou coherencia, representamos unha separación entre a filosofía antiga e a tradicional. Segundo o pensamento occidental, isto é, dende hai xa moitísimos anos, a concordancia da representación pensante coa cousa: "adequatio rei et intellectus".
Durante a primeira metade do século XX, Martin Heidegger recuperou a alétheia e empezou a intentar comprender o que hoxe coñecemos como "Verdade". Heiddegger fixo unha análise etimolóxica e deulle sentido a esta como "facer evidente". Polo tanto, a alétheia é distinta doutras ben coñecidas conceptualizacións da verdade, descrita como un estado de cousas, mentres que Heidegger se centra na explicación dun significado presocrático (anterior a Sócrates e baseado na natureza).
Así, afirma que a alétheia ten que ver co que aparece, xa que o permitir que algo apareza é o primeiro acto de verdade. Para entender o concepto de espazo, é necesario que este apareza dalgún modo, polo que todo aquilo que non aparece, é falso.