Alqatara Rugby Club Andalucía
| Nome | Alqatara Rugby Club Andalucía | |
|---|---|---|
| Fundación | 2014 | |
| Disolución | 2017 | |
| Sede | Sevilla | |
| Estadio(s) | I.D. La Cartuja | |
| Capacidade | 1932 espectadores | |
| Presidente | Julio Estalella | |
| Adestrador | Nicolás Sanfilippo | |
| Capitán | Beltrán González | |
| Liga(s) | División de Honra B | |
| 2016-17 | 12º no Grupo C | |
| ||
| Na rede | ||
| http://www.helvetiarugby.com/ | ||
O Alqatara Rugby Club Andalucía chamado Helvetia Rugby por motivos de patrocinio [1], foi un equipo español de rugby de Sevilla, fundada en 2014 por un convenio de colaboración entre o Club Amigos del Rugby e a Club Deportivo Mairena para competir na División de Honra B. O equipo quedou disolto en 2017 cando rematou o convenio de colaboración.
Historia
[editar | editar a fonte]Malia que o club foi fundado en 2014, a súa orixe está na unión de forzas do Club Amigos del Rugby e o Club Deportivo Mairena que en 2007 xuntaron os seus recursos e ós seus mellores xogadores para competir como un único equipo na segunda división do rugby nacional [2][3], mantendo a súa independenza a nivel rexional e de categorías inferiores. [4] Ese único equipo xa tiña entón o patrocinio de Helvetia e como tal foi coñecido. En 2014 o Alqatara foi rexistrado como novo club na Federación Andaluza de Rugby, recibindo a licenza para competir na División de Honra B que foi cedida por parte do Club Amigos del Rugby, e rexistrando tanto ó C.A.R. como ó C.D. Mairena como equipo filiais.
En 2016 o Club de Rugby San Jerónimo, tamén da capital andaluza, pasou a ser o terceiro club filial do Alqatara. Ata 2017 cando rematou a colaboración entre os clubs fundadores. [5]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Helvetia Seguros entra en el rugby de élite nacional". El Desmarque (en castelán). Consultado o 2007-08-17.
- ↑ "El Helvetia juega en el Ramón Urtubi para hacer historia". Estadio Deportivo (en castelán). Consultado o 2013-12-13.
- ↑ "El Helvetia se trae de Madrid un punto bonus". Estadio Deportivo (en castelán). Consultado o 2013-10-14.
- ↑ "El Helvetia Rugby se encomienda a los jóvenes para lograr el ascenso". ABC (en castelán). Consultado o 2009-09-23.
- ↑ "El Helvetia Rugby, sin patrocinio después de 10 campañas". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 2017-04-04.