Alonso Gullón García Prieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1884 Madrid, España |
Morte | 9 de xuño de 1942 (58 anos) Madrid, España |
Gobernador civil de Santander | |
Familia | |
Irmáns | Manuel Gullón García-Prieto |
Alonso Gullón García Prieto, nado en Madrid o 18 de maio de 1884 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1942[1], foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de Manuel García Prieto e irmán do tamén deputado Manuel Gullón García Prieto que fora subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza. Nas eleccións xerais de 1910 foi proclamado deputado polo distrito de Ortigueira, substituíndo a Juan Fernández Latorre, nomeado gobernador civil de Madrid, en elección parcial convocada para o 25 de outubro de 1910, sendo proclamado sen elección polo artigo 29 da Lei Electoral[2]. Repetiu o cargo polo mesmo distrito nas eleccións de 1914, e tamén nas de 1916. Nas eleccións de 1919 volveu ser proclamado sen elección. Nas eleccións de 1920, como Liberal Demócrata foi proclamado sen elección por un dos distritos da cidade da Coruña. Repetiu nas eleccións de 1923. Foi nomeado gobernador civil de Santander en decembro de 1915, permanecendo no posto até 1917. No franquismo foi Xefe de Administración civil no Instituto de Estudios Políticos e conselleiro da Caixa Postal de Aforros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Eleccións 8-5-1910 Consultado o 29 de agosto de 2012.