Aloha Poké

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aloha Poké

Editar o valor em Wikidata
TipoPrivada
Fundación2016
LocalizaciónMadrid
España
Persoas claveCarlos Ortiz de Lucas-Baquero
Guillermo Fuente Gil
IndustriaAlimentaria
Beneficio7.5 millóns de euros (2021)
Na rede
https://www.alohapoke.es/
editar datos en Wikidata ]

Aloha Poké é unha franquía española de restaurantes, especializada no prato tradicional hawaiano do poke. A súa sede principal atópase na cidade de Madrid, e conta con establecementos noutras cidades como Barcelona, Valencia, Bilbao, Vigo e Pamplona.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Exterior dun dos restaurantes de Aloha Poké en Vigo

A empresa fundouse no ano 2016 por Carlos Ortiz de Lucas-Baquero e Guillermo Fuente Gil, inaugurando o primeiro establecemento en 2017 no barrio de Chueca en Madrid.[1] Converteuse nun dos primeiros restaurantes especializados no prato tradicional hawaiano do poke en España,[1] inaugurando o seu segundo establecemento en 2018 e creando a primeira franquía  de restaurantes de poke no territorio español.[2] Ao final de dito ano, a faturación alcanzou os 2,4, millóns de euros con tres franquías e dous locais propios en Madrid.[3][4]

En 2019 a empresa inaugurou outros cinco novos locais na capital española,[5] así como en Barcelona,[6] Valencia, Bilbao,[7] Eivisa e Tarrassa, rematando a década con 14 restaurantes e 5,2 millóns de euros faturados.[8] Nese mesmo ano a compañía implementou a utilización de ácido poliláctico ou PLA nas súas cuncas, un material biodegradable, substituíndo plástico tradicional.[9][10]

No ano 2020 a compañía abriu dous novos locais en Madrid,[11] e novos puntos en Vigo, Pamplona,[12] Xirona, Mallorca,[13] Zaragoza[14] e Gran Canaria.[15] Pechou o ano facturando sete millóns de euros, un 34% máis con respecto ás cifras de 2019.[16]

En 2021 a compañía renovou a súa imaxe de marca cun novo logotipo e cores corporativas, e en xuño abriu unha nova tenda emblemática en Barcelona, localizada na Ronda da Universidade.[17] Durante o ano a marca estableceu sete novas aperturas, nas cidades de Salamanca,[18] Valladolid,[19] Madrid e Barcelona,[20] ​​​​e rematou cunha facturación de 7,5 millóns de euros, crecendo un 7% con respecto ao ano anterior.[21]

En marzo de 2022, a compañía abrira dúas tendas na capital española, concretamente nos distritos de Ciudad Lineal e Rivas-Vaciamadrid.[22]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

A empresa recibiu o premio Hot Concepts do Grupo Peldaño na categoría de Servizo Rápido en 2019, na cerimonia celebrada o 4 de xullo de 2019 no Teatro Goya de Madrid.[23][24][25] En maio de 2020 a compañía foi seleccionada entre os finalistas dos Premios Nacionales de Márketing na categoría de Startups e Pymes.[26]

En decembro do mesmo ano, a empresa gañou tres premios nos Premios Meraki nas categorías de Sostibilidade, Implantación e Adaptabilidade ao Covid-19 e Desenvolvemento de Negocios.[27]

En abril de 2021 deuse a coñecer que a empresa volveu formar parte da lista de nomeadas aos Premios Nacionais de Márketing na categoría de Startups e Pemes, quedando en segunda posición,[28] e o mesmo ano foi galardoada nos VI Premios Marcas de Restauración na categoría de Sostibilidade e Produto, e gañou o Premio PesMes na categoría de Acción Completa de Márketing.[29][30]

Locais[editar | editar a fonte]

Cidade Locais
Madrid 11
Barcelona 6
Valencia 1
Bilbao 1
Mallorca 1
Vigo 1
Pamplona 1
Xirona 1
Zaragoza 1
Salamanca 1
Valladolid 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Aloha Poké, la cadena de restaurantes pionera en importar la fiebre por la comida hawaiana a España". ABC (en castelán). 2020-01-26. Consultado o 2020-11-18. 
  2. "Entrevista a Guillermo Fuente, CEO de Aloha Poké". Rentabilibar (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  3. "Aloha Poké cierra 2018 con ventas de 2,4 millones y prevé alcanzar los 30 locales en 2020". Europa Press (en castelán). 2018-12-12. Consultado o 2020-11-18. 
  4. "Aloha Poké supera en 1,15 millones de euros sus previsiones para 18 meses". Marca (en castelán). 2018-12-10. Consultado o 2020-11-18. 
  5. "La Franquicia Aloha Poke abre su décimo restaurante en Madrid". 100 Franquicias (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  6. "Aloha Poké abre su primer restaurante en Barcelona". Restauración News (en castelán). 2019-09-17. Consultado o 2020-11-18. 
  7. "Aloha Poké se estrena en el País Vasco al abrir en Bilbao". Restauración News (en castelán). 2019-11-28. Consultado o 2020-11-18. 
  8. "Aloha Poké alcanza su objetivo al duplicar su facturación en 2019 y superar los cinco millones". Europa Press (en castelán). 2020-01-14. Consultado o 2020-11-18. 
  9. "La franquicia de restaurantes Aloha Poké cambia el plástico de sus 'bowls' por materiales biodegradables". La Vanguardia (en castelán). 2019-08-05. Consultado o 2020-11-18. 
  10. "Aloha Poké retira los bowls desechables de todos sus locales". Confidencial Digital (en castelán). 2020-02-12. Consultado o 2020-11-18. 
  11. "Aloha Poké inaugura en Madrid su establecimiento número 16". Restauración News (en castelán). 2020-01-23. Consultado o 2020-11-18. 
  12. "Llega a Vigo la mesa para doce comensales desconocidos". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-13. Consultado o 2020-11-18. 
  13. "Aloha Poké desembarca en Mallorca". Revista Hostelería (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  14. "Aloha Poké llega a Zaragoza". Emprendedores (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  15. Vallano, Ricardo. "Aloha Poké llega a Canarias". Alimarket (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  16. "Aloha Poké cierra 2020 con ventas de 7 millones, un 34% más, y prevé abrir 10 locales en 2021". Europa Press. 2021-01-19. Consultado o 2022-03-29. 
  17. "Aloha Poké renueva su imagen de marca e inaugura su primera flagship". Revista Centros Comerciales (en castelán). Consultado o 2022-03-29. 
  18. "Aloha Poké llega a Salamanca ✔️". Noticias Salamanca (en castelán). 2021-12-22. Consultado o 2022-03-29. 
  19. "Aloha Poké aterriza por primera vez en Valladolid". Restauración News (en castelán). 2021-12-14. Consultado o 2022-03-29. 
  20. "Aloha Poké crece en España con la apertura de dos nuevos locales en Madrid y Barcelona". Europa Press (en castelán). 2021-08-19. Consultado o 2022-03-29. 
  21. "Aloha Poké crece un 7% y factura 7,5 millones de euros en 2021". El Economista (en castelán). Consultado o 2022-03-29. 
  22. "Aloha Poké empieza el año con dos nuevas aperturas en Ciudad Lineal y Rivas". Indisa (en castelán). 2022-03-01. Consultado o 2022-03-29. 
  23. "La restauración vivió la noche mágica de los Hot Concepts". Restauración News (en castelán). 2019-07-05. Consultado o 2020-11-18. 
  24. Gomez, Alicia (2019-07-15). "Los Premios Hot Concepts ya tienen ganadores". Actual Gastro (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  25. "Descubre a los finalistas de los Hot Concepts en Restauración en Hoteles". TecnoHotel (en castelán). 2019-06-10. Consultado o 2020-11-18. 
  26. "Estos son los finalistas de los Premios Nacionales de Marketing 2020". Dircomfidencial (en castelán). 2020-06-08. Consultado o 2020-11-18. 
  27. "Aloha Poké se alza con tres premios Meraki en diferentes categorías". Indisa (en castelán). 2020-12-04. Consultado o 2022-03-29. 
  28. "71 empresas forman la Lista Larga de los Premios Nacionales de Marketing 2021". Dircomfidencial (en castelán). 2021-04-09. Consultado o 2022-03-29. 
  29. "La Asociación Marcas de Restauración celebró la VI Edición de los Premios de Restauración de Marca". Marcas de Restauración (en castelán). 2021-10-01. Consultado o 2022-03-29. 
  30. "ALOHA POKÉ, premio PesMes a la acción completa de marketing". Enpresa Institutua (en castelán). Consultado o 2022-03-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]