Alogasterópodos
Alogasterópodos Allogastropoda Heterobranquios inferiores | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Architectonica perspectiva | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Superfamilias | |||||||||||
|
Os alogasterópodos (Allogastropoda), tamén chamados heterobranquios inferiores (en inglés Lower Heterobranchia) son un grupo de lesmas de mar e caracois acuáticos bastante especializados e moi evolucionados, considerados taxonomicamente como infraclase, unha das dúas en que se divide a sublclase dos heterobranquios.[1]
Aínda que a gran maioría das súas especies son mariñas, algunhas lograron faceren a transición á auga doce.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Aínda que na taxonomía dos gastrópodos de Bouchet e Rocroi (2005) os heterobranquios inferiores considerábase un grupo informal,[2] termo que indicaba a incerteza da súa monofilia,[3] Estudos posteriores levaron a considerar as superfamilias do grupo como monofiléticas, incluíndoas entre os eutineuros. Tras esta conclusión, o grupo aparece na clasificación de Bouchet e Rocroi de 2017 co rango de infraclase.[4] En consecuencia, o World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas) dálle esta categoría.[1]
Superfamilias
[editar | editar a fonte]Segundo o WoRMS o grupo comprende as superfamilias seguintes:[1]
- Architectonicoidea Gray, 1850
- Cimoidea Warén, 1993
- Mathildoidea Dall, 1889
- Murchisonelloidea T. L. Casey, 1904
- Omalogyroidea G. O. Sars, 1878
- Orbitestelloidea Iredale, 1917
- Rhodopoidea Ihering, 1876
- Valvatoidea Gray, 1840
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lower Heterobranchia no WoRMS. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ Bouchet, Philippe; Rocroi, Jean-Pierre; Frýda, Jiri; Hausdorf, Bernard; Ponder, Winston; Valdés, Ángel; Warén, Anders (2005). "Clasificación e nomenclatura de familias de gasterópodos (traducido)". Malacologia. Hackenheim (Alemaña): ConchBuch. ISBN 3-9259-1972-4.
- ↑ Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia 47 (1-2): 1-397.
- ↑ Bouchet P., Rocroi J.-P et al. (2017): "Revised Classification, Nomenclator and Typification of Gastropod and Monoplacophoran Families". Malacologia 61 (1-2): 1-526.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alogasterópodos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alogasterópodos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouchet F., Rocroi J.-P., Hausdorf B., Kaim A., Kano Y., Nützel A., Parkhaev P., Schrödl M. & Strong E. E. (2017): "Revised Classification, Nomenclator and Typification of Gastropod and Monoplacophoran Families". Malacologia 61 (1-2): 1-526.
- Jörger K. M., Stöger I., Kano Y., Fukuda H., Knebelsberger T. & Schrödl M. (2010): "On the origin of Acochlidia and other enigmatic euthyneuran gastropods, with implications for the systematics of Heterobranchia". BMC Evolutionary Biology 10: 323 e ss.