Almanaque Agrícola ZZ
Almanaque Agrícola ZZ | |
---|---|
Fundación | 1953 |
Lingua | lingua galega |
Localidade | O Porriño |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
https://www.syngenta.es/servicios/almanaque-agricola | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Almanaque Agrícola ZZ é un almanaque agrícola de periodicidade anual editado no Porriño desde 1953, orixinalmente por iniciativa da empresa Zeltia Agraria e desde 2001 pola súa sucesora Syngenta Agro.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O primeiro número apareceu en 1953, a iniciativa de Fidel Isla Couto e de Ismael Sierra Franco.[1] Ao igual ca os números seguintes, foi integramente en galego. A publicación informa sobre os ciclos da Lúa, as datas para os labores da terra, feiras e festas, coñecementos agronómicos, cultura popular, refraneiro e contos e información da propia empresa. Nos primeiros números as viñetas debuxábana ilustradores recoñecidos e logo apareceron as fotografías a toda cor. Nos primeiros anos do comezo do século XXI distribuíanse anualmente 100.000 exemplares de balde entre os distribuidores oficiais.[2]
En 2024 recibiu o Premio Antonio Palacios á cultura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez Rego, David e Alonso Rodríguez, Albino (2005) "Un caso destacado de publicaciones españolas: el almanaque agrícola ZZ de Zeltia" Boletín de la ANABAD Vol. 55 Nº 3 pp: 123-126
- ↑ "O "Mintireiro Verdadeiro" e o "Almanaque Agrícola ZZ" sobreviven logo de máis de cincuenta anos a publicar en galego" consello da Cultura Galega, 2 de xaneiro de 2005
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Almanaque Agrícola ZZ". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pousa Antelo, Avelino (2005). "Almanaque Agrícola ZZ". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.