Alianza Nacional 18 de Julio
Alianza Nacional 18 de Julio | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Franquismo |
Data de fundación | 3 de maio de 1977 |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Alianza Nacional 18 de Julio[1] foi unha coalición electoral española de carácter posfranquista ou neofranquista que se presentou ás primeiras eleccións xerais de carácter democrático celebradas o 15 de xuño de 1977, tras a aprobación da Lei de Reforma Política impulsada polo Goberno de Adolfo Suárez e aprobada maioritariamente polas Cortes franquistas un ano antes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O nome fai referencia ao 18 de xullo de 1936, data do golpe de Estado que desencadeou a guerra civil española e que co nome de Alzamento Nacional foi posteriormente considerada como o momento fundacional do réxime franquista. Pretendía dar unha continuidade política ao espazo baleiro deixado polo extinto "Movemento Nacional" e para proxectar os Ideais do 18 de xullo nas Cortes Constituíntes que redactarían unha nova Constitución democrática para España.[2]
Esta coalición, presentada oficialmente o 3 de maio de 1977, estaba formada pola Forza Nova de Blas Piñar, Círculos Doctrinales José Antonio encabezados por Diego Márquez Horrillo e a Agrupación de Juventudes Tradicionalistas.[3] Nun principio a Confederación Nacional de ex Combatentes de José Antonio Girón de Velasco ía formar parte da coalición, pero finalmente decidiron non unirse e só ofreceron un apoio limitado.[1] A Comuñón Tradicionalista tampouco chegou a integrarse, aínda que autorizou ás súas organizacións rexionais e provinciais a formar parte das candidaturas da "Alianza".[1] A coalición só logrou alcanzar acordos para presentar candidaturas en 16 provincias.[4]
A pesar da pretensión de congregar a todos os partidos de extrema dereita, a "Alianza Nacional" nin conseguiu integrar no seu seo á totalidade de forzas políticas de signo similar —como a Comuñón Tradicionalista ou Falange Española de las JONS, que quedaron fóra— nin conseguiu obter representación parlamentaria pois os escasos 86.390 votos que conseguiron en toda España, non lles chegou para acadar a representación dun só deputado.[5]
Dous anos despois, en 1979, a coalición electoral denominada "Unión Nacional" conseguiu un éxito electoral ao integrar a Falanxe Española das JONS e Comuñón Tradicionalista e conseguir un único deputado[6] por Madrid, Blas Piñar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Jiménez (1994), p. 253
- ↑ LLoriens-Pascual, F.; Roses, Joan; Sáenz-Díez, Margarita (31 de maio de 1977). "«Alianza Nacional 18 de Julio»". lavanguardia.com. p. 8. Consultado o 29-10-2019.
- ↑ "«Hasta el viernes no se sabrá, oficialmente, las coaliciones presentadas»". lavanguardia.com. 4 de maio de 1977. p. 6. Consultado o 29-10-2019.
- ↑ Rodríguez Jiménez (1994), p. 261
- ↑ Rodríguez Jiménez (1994), p. 254
- ↑ "Elecciones Congreso de los Diputados Marzo 1979". elecciones.mir.es (en castelán). Archived from the original on 15-03-2008. Consultado o 29-10-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Jiménez, José Luis (1994). Reaccionarios y Golpistas (en castelán). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.