Círculos José Antonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Círculos José Antonio (CJA) foi un partido falanxista español. Tiña como obxectivo mante-la ortodoxia falanxista, oporse ó capitalismo e reorganizar a FE de las JONS. Os CJS acusaron ó franquismo de terxiversar e deforma-lo nacionalsindicalismo.

Historia[editar | editar a fonte]

Foron fundados en 1960 como asociación. Editou o boletín Es Así (1962) que foi secuestrado e prohibido polo réxime franquista, e os Círculos entraron nun período de represión e crise do que non se recuperaron ata que en 1965 Diego Horrillo foi elixido xefe do Círculo de Madrid e se procedeu á reorganización. En 1970 organizou as denominadas Juntas Promotoras da Falange Española por se se aprobaba a regulamentación das asociacións políticas. En abril de 1972 constituíuse en Madrid a Xunta Nacional de Mando dos Círculos José Antonio e a Junta Promotora Nacional de Falange Española de las JONS baixo a presidencia de Diego Márquez Horrillo para dar unha estrutura ós diversos círculos locais, que en 1974 eran 82.

En marzo de 1977 constituíuse como partido político, e concorreron ás Eleccións xerais do 15 de xuño como Asociación Círculos de José Antonio. Obtiveron 8.184 votos (0,04 %), e non presentaron candidaturas en ningunha provincia galega. Xa en abril de 1979 integrouse na Falange Española de las JONS.