Alianza Liberal (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Alianza Liberal foi un partido español de ideoloxía liberal e monárquica no que se uniron a Unión Liberal Española, o Partido Liberal e a Federación de Partidos Demócratas y Liberales promovido por Joaquín Satrústegui en 1976 e legalizado en 1977. Satrústegui presentouse as eleccións xerais de 1977 para o Senado formando a candidatura Senadores para la Democracia que contou co apoio de sectores liberais, democristiáns e de esquerdas e saíu elixido senador por Madrid. O partido cesou de existir o 4 de febreiro de 1978.