Alfonso Sucasas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alfonso Sucasas Guerra")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Sucasas
Nacemento1940
 Goiás
Falecemento26 de xuño de 2012
 Ferreirós
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Sucasas Guerra, nado en Goiás (Lalín) en 1940 e finado en Ferreirós (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 2012, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos quince anos decidiu prepararse para o exame de acceso nunha academia oficial de belas artes. Formóuse co profesor Carloandrés López Rey do Instituto Laboral de Lalín.[1] Posteriormente continuou a súa formación en Madrid e viaxou a Venezuela e Brasil, onde residiu varios anos. En 1968 regresou definitivamente a Galicia e desenvolveu a súa carreira como pintor, primeiro cunha pintura de carácter socio-político para centrarse posteriormente na interpretación do mundo rural galego, a través dunha pintura xestual e expresionista.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Espinosa Borrego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vidal Neira, Antonio (9-9-2018). "Carlos Andrés López del Rey, pintor y profesor en Lalín". Faro de Vigo: 8 DEZA. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]