Alfonso Sucasas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1940 ![]() Goiás, España ![]() |
Morte | 26 de xuño de 2012 ![]() Ferreirós, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
![]() ![]() |
Alfonso Sucasas Guerra, nado en Goiás (Lalín) o 18 de marzo de 1940 e finado en Ferreirós (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 2012,[1] foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos quince anos decidiu prepararse para o exame de acceso nunha academia oficial de belas artes. Formouse co profesor Carloandrés López del Rey do Instituto Laboral de Lalín.[2] Posteriormente continuou a súa formación en Madrid e viaxou a Venezuela e o Brasil, onde residiu varios anos. En 1968 regresou definitivamente a Galicia e desenvolveu a súa carreira como pintor, primeiro cunha pintura de carácter socio-político para centrarse posteriormente na interpretación do mundo rural galego, a través dunha pintura xestual e expresionista.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Espinosa Borrego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loño, Alfonso (28 de xuño de 2012). "Muere a los 72 años el pintor Alfonso Sucasas". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023.
- ↑ Vidal Neira, Antonio (9-9-2018). "Carlos Andrés López del Rey, pintor y profesor en Lalín". Faro de Vigo: 8 DEZA.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Necrolóxica en El País
- “Sucasas”. Un pintor de fina sensibilidad, Antonio Vidal (en castelán)