Alfonso Ponce de León Cabello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Ponce de León Cabello
Alfonso Ponce de León Cabello.jpg
Alfonso Ponce de León Cabello.
NomeAlfonso Ponce de León Cabello
Nacemento10 de setembro de 1906
 Málaga
Falecemento26 de setembro de 1936
 Madrid
Nacionalidadeespañola
Eidopintura
MovementoVangardismo
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Ponce de León Cabello, nado en Málaga o 10 de setembro de 1906 e finado en Madrid o 29 de setembro[1] de 1936, foi un pintor español de vangardas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Ponce de León y Encina e Guadalupe Cabello Fernández, naceu na Alameda Principal de Málaga. En 1911 trasládase coa súa familia a Madrid, onde ingresa, xunto cos seus irmáns Juan e Guillermo, no Instituto Católico de Artes e Industrias. En 1916 pasa ao Instituto Xeral e Técnico Cardeal Cisneros e en 1923 inicia a súa aprendizaxe artística na Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Alfonso aos seis meses de idade.

Alí tivo como profesores a José Garnelo, Cecilio Pla e José Moreno Carboeiro, entre outros, e como compañeiros de clase ao escultor Emilio Aladrén, a Salvador Dalí, Maruja Mallo e Remedios Varo. Entre os seus amigos desa época figuran, ademais de Aladrén e Mallo, Federico García Lorca, José Moreno Vila e Margarita Manso Robledo, que ingresara en San Fernando en 1924 e que se convertería na súa esposa en 1933. Tamén coñeceu a Luis Buñuel e outros contertulios da Granxa do Henar. Desde un primeiro momento integrouse nos ambientes de vangarda, exhibindo a súa obra nos Salóns de Artistas Independentes de Madrid, vinculándose co Realismo máxico.

Autorretrato (accidente), 1936

Con 24 anos trasládase a París, onde estivo uns seis meses, relacionándose estreitamente con Pablo Picasso. Ese ano de 1930 expuxo na Exposición de Arquitectura e Pintura Moderna de San Sebastián. Lorca pediu a Ponce de León nestes primeiros anos da década de 1930 que realizase algúns decorados para os espectáculos de La Barraca. Tamén realizará deseños para cubertas de libros e ata fará incursións no cine. Participou na importante Exposición de Artistas Ibéricos celebrada na Galería Fletcheim de Berlín entre decembro de 1932 e xaneiro de 1933.

Vinculado á Falanxe Española desde a súa fundación en outubro de 1933, realiza labores de propaganda deseñando unha serie de carteis para o movemento e fundando o cineclub do Sindicato Español Universitario (S.E.O.). Actor e director de cine, Ponce de León dirixe en 1934 o filme Niños e en 1935 colabora con Edgar Neville na película Do, Re, Mi, Fa, Sol (la vida privada e un tenor).

Na Exposición Nacional de Belas Artes de 1936 presenta a súa obra máis coñecida: Autorretrato (accidente), en parte premonitorio do seu inmediato futuro. O 20 de setembro de 1936 era detido na porta do seu domicilio no madrileño Paseo de la Castellana e trasladado á checa de Fomento onde sería asasinado pola denominada zona vermella. O seu cadáver foi atopado nunha cuneta de Vicálvaro o día 29. Os outros homes da súa familia tamén correron unha sorte tráxica: sobre o 30 de setembro foron asasinados na estrada de Vallecas o seu pai, Juan Ponce de León y Encina e o seu irmán Guillermo, avogado en exercicio; o seu irmán Juan foi asasinado mediante fusilamento o 7 de novembro de 1936.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]