Alfonso Gómez Cruz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de xullo de 1960 Corme Porto, España |
| Alcalde de Xenebra | |
| 1 de xuño de 2025 – 31 de maio de 2026 ← Christina Kitsos (pt) | |
| Alcalde de Xenebra | |
| 1 de xuño de 2023 – 31 de maio de 2024 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Xenebra - ciencias económicas e sociais |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Empregador | Comitê Internacional da Cruz Vermelha (pt) Conservatoire populaire de musique, danse et théâtre de Genève (en) |
| Partido político | Partido Verde da Suíça (pt) |
| Sitio web | alfonsogomez.ch |
Alfonso Gómez Cruz, coñecido só como Alfonso Gómez, nado en Corme (Ponteceso) o 27 de xullo de 1960, é un político suízo de orixe galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alfonso Gómez, neto dun mestre republicano represaliado polo franquismo, criouse en Corme até os 14 anos. Naquela altura marchou emigrado a Suíza canda a súa familia, alí militou no Partido Socialista até o ano 2004. Naquel ano abandonou o partido, incorporándose ao grupo dos Verdes do Cantón de Xenebra. De 2012 a 2016 foi primeiro vicepresidente e despois presidente do seu partido no seu cantón. Entre 2013 e 2020 traballou como concelleiro na súa cidade, sendo escollido, neste último ano, para o goberno da urbe (Conseil administratif). O sistema político suízo establece que a cidade sexa rexida por un equipo de cinco conselleiros que rotan no posto de alcalde. A Alfonso correspondeulle a alcaldía a partir de xuño de 2023.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vizoso, Sonia (2023-06-03). "Alfonso Gómez, el niño gallego que emigró a Suiza llega a alcalde de Ginebra". El País (en castelán). Consultado o 2023-06-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Gómez Cruz |