Alfonso Díaz Revilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfonso Díaz Revilla, nado o 1 de maio de 1958, é un arquitecto e urbanista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alfonso Díaz Revilla estudou a carreira de Arquitectura nas escolas de Barcelona e A Coruña, especializándose en Urbanismo.

En 1978 fundou na Coruña, xunto cos arquitectos Juan Luis Dalda e José Díaz Sotelo, e o economista Ánxel Viña Carregal, o gabinete Oficina de Planeamiento S.A., co que participou na elaboración de plans e proxectos urbanísticos nas principais cidades de Galicia[1]. Redactaron planeamento urbanístico municipal para os concellos de Ferrol, Oleiros, Vigo e Santiago de Compostela, entre outros.

Recibiu o Premio Europeo de Urbanismo 1997-1998 polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.