Alexia Muíños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexia Muíños
Nacemento1977
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirectora de cine, produtora, guionista e actriz
editar datos en Wikidata ]

Alexia Muíños Ruiz, nada na Coruña en 1977, é unha directora, produtora, guionista e actriz de cine galega.[1][2] En 2010, gañou o premio do público no 17º Festival Internacional Sguardi Altrove de Milán pola súa longametraxe Noche Transfigurada[3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Químicas na especialidade de Medio Ambiente. Completou a súa formación de Estudos Cinematográficos en Nova York. Compaxina o seu traballo de directora de cine coa docencia e como representante e directora adxunta de European Women's Audiovisual Network (EWA).[4][5]

Fundou a produtora Marineda Films en 2014.[6] É activista ante a desigualdade de xénero na industria do cine, sendo membro da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), á cal representou en varios festivais internacionais para apoiar a visibilidade das cineastas en busca da igualdade na industria.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]