Alexei Troitzky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexei Troitzky
Alexei Troitzky
Alexei Alexeievich Troitzky
Nacemento: 14 de marzo de 1866
Falecemento: Agosto de 1942
Nacionalidade: Rusa Flag of Russia.svg
Ocupación: Xogador de xadrez

Alexei Alexeievich Troitzky ou Troitsky, nado o 14 de marzo de 1866 en San Petersburgo e finado en agosto de 1942, foi un xadrecista ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É considerado un dos mellores compositores de estudos sobre finais en xadrez. Morreu por inanición no sitio de Leningrado, durante a Segunda Guerra Mundial, no cal as súas notas foron destruídas.

Un dos seus traballos máis famosos é a análise do final de dous cabalos contra un peón. Determinou que, a pesar de que dous cabalos non poden dar xaque mate ao rei por eles mesmos, a presenza dun peón contrario que exceda a "Liña Troitzky" permite o mate, xa que evita as táboas por afogamento do rei adversario.