Alexánder Doval Expósito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexánder Doval Expósito
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Alexánder Doval Expósito, nado en Oroso o 8 de novembro de 1990, é un político e avogado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola Universidade da Coruña, Máster en Asesoría Xurídica de Empresa nesta última universidade e MBA (Máster Bussines Administration) no IECE.

Afiliado ao PPdeG dende o ano 2007, presidente de Novas Xeracións de Galicia en Oroso entre 2008 e 2017, e membro das Xuntas Directivas de Novas Xeracións provincial, rexional e nacional.

Concelleiro en Oroso dende o 2011, é membro da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular da Coruña.