Alejandro González Olivares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alejandro González Olivares
Nacemento9 de setembro de 1840
 Santiago de Compostela
Falecemento23 de marzo de 1901
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Alejandro González Olivares Antuñano, nado en Santiago de Compostela o 9 de setembro de 1840 e finado en Vilagarcía de Arousa o 23 de marzo de 1901[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi gobernador civil de Lleida (1868) e Ourense (1869). Foi elixido deputado polo distrito de Xinzo de Limia en 1869. Volveu ser elixido polo distrito da Pobra de Trives en 1872 como membro do Partido Demócrata-Radical. Nas eleccións de 1884 foi elixido polo distrito do Carballiño. Foi nomeado intendente de Facenda en Cuba en 1885. Nas eleccións de 1891 foi elixido deputado polo distrito de Lalín. Membro do Partido Liberal, en 1893 foi elixido senador pola provincia de Lugo, foi reelixido en 1898, pero renunciou ao cargo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 27-3-1901, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]