Alejandro Curty Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejandro Curty Pena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1876 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , mestre , pintor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alejandro Curty Pena, nado en Vigo o 17 de maio de 1876 e finado en Vigo o 15 de abril de 1944[1][2], foi un escultor e artista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa na rúa Sanjurjo Badía en Vigo.

Exerceu a docencia na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo[3], onde ocupou a cátedra de Modelado e Debuxo[2].

Estudou na Escola de Belas Artes de 1ª clase de Sevilla, con premio en todas as e tamén foi premiado en Madrid na Escola de Belas Artes de San Fernando e nas escolas centrais de Artes e Oficios de Madrid, neste último caso en Cerámica. Acadou unha pensión para viaxar a Roma concedida polo concello de Vigo.[1]

Seu é o deseño da placa da rúa da Vitoria que conmemora a Reconquista de Vigo[1][4], así como é súa a que leva o nome de Sanxurxo Badía na avenida homónima[1]. Tamén se lle atribúe a única placa policromada que se conserva na cidade olívica, a da rúa López Mora[5].

Foi un bo amigo do xornalista Avelino Rodríguez Elías[6]. Foi condecorado coa Medalla de ouro da Cruz vermella española.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Hervada Fernández-España, José (2002). "Escuela de Artes y Oficios (II) Alejandro Curty Pena". Glaucopis: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses 8 (2): 75–125. ISSN 1135-1810. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Necrolóxica". 17 de abril de 1944. 
  3. Durán Rodríguez, M.D. (2006). "Contribución de la Escuela de Artes y Oficios de Vigo al desarrollo artístico de la ciudad en la primera mitad del S.XX". Glaucopis: Boletín do Instituto de Estudios Vigueses (en castelán) 12: 243. ISSN 1135-1810. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  4. "Pontevedra" (en castelán). 11 de marzo de 1903. 
  5. La única placa policromada que se conserva en Vigo, nova en La Voz de Galicia o 11 de outubro de 2007. (en castelán)
  6. Biografía de Avelino Rodríguez Elías en Contos do Turreiro (ed. Anxo X. Rajó Pazó) CIRP, 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]