Aldara Álvarez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aldara Álvarez García
Nacemento1995
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante de banda deseñada
editar datos en Wikidata ]

Aldara Álvarez García, nada en Vigo[1] en 1995, é unha debuxante galega máis coñecida polo nome artístico Anémona de Río. É a autora de Tam, o primeiro manga galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na escola profesional de banda deseñada e ilustración O Garaxe Hermético. No último curso do Garaxe Hermético creou Tam, a personaxe protagonista da súa primeira obra publicada, que levou o Premio Fin de Curso 2017. Tam foi publicado por Retranca Editora en febreiro de 2018, e conta a historia dunha moza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos estudantes.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ciordia, Marisa (3 de marzo de 2018). "RADIO.- A playlist de Aldara, Anémona e TAM". PontevedraViva.com. Consultado o 5 de marzo de 2018. 
  2. Redacción (12 de febreiro de 2018). "Anémona de Río, alumna do Garaxe Hermético, presenta o primeiro manga galego: 'Tam'". PontevedraViva.com. Consultado o 5 de marzo de 2018.