Alcatel-Lucent é unha empresa francesa xurdida da fusión da francesa Alcatel e da norteamericana Lucent. A empresa adícase á fabricación de equipamento de telecomunicacións e ao deseño, instalación e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións. É unha das principais empresas do sector no mundo xunto a Huawei, Ericsson e Cisco. A empresa ten unha importante presenza no mercado de equipos ADSL e FTTH.
O 2 de abril de 2006 Alcatel e Lucent Technologies anuncian a fusión pasando a chamarse Alcatel Lucent.
O 15 de abril de 2015, Nokia anunciaba a compra da empresa por 15.600 millóns de Euros.