Saltar ao contido

Huawei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Huawei
Logotipo
Imaxe
 Nome oficial
Huawei Technologies Co., Ltd. Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
Make it possible Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
 Director/a executivo/a
Ren Zhengfei (pt) Traducir 1988 Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal197000 (24 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Ten en propiendade
Economía e industria
 Ingresos totais
721202000000 ¥ (2018)
521574000000 ¥ (2016)
395009000000 ¥ (2015) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio neto
37052000000 ¥ (2016)
36910000000 ¥ (2015) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
443634000000 ¥ (31 de decembro de 2016)
372155000000 ¥ (31 de decembro de 2015) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1987 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF126906150 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000087435787 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01qkl1 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI2250955327 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+34-900-483-303 Editar o valor en Wikidata
Facebook: huaweimobile Twitter: Huawei Instagram: huawei VK: huaweirussiaofficial LinkedIn: huawei Youtube: UCtjV1_XU6gvPYyreaFScxBQ TikTok: huawei Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Huawei Technologies Co. Ltd. (pronunciado /ˈhwɑːˌweɪ/) en (chinés simplificado: 華為技術有限公司, pinyin: Huáwei Jíshu Yǒuxiàn Gōngsī), ten a súa sede principal en Shenzhen, Guangdong, República Popular da China, é o maior fabricante de equipamento de redes e telecomunicacións na China, e un dos líderes mundiais nesta industria.

Foi fundada no ano 1987 por Ren Zhengfei exoficial do exército chinés, Huawei é unha empresa privada de alta tecnoloxía propiedade dos traballadores e especializada en Investigación e desenvolvemento (I+D), produción, mercadotecnia de equipamento de comunicacións e fornece solucións de redes personalizadas para operadoras das industrias das telecomunicacións de todo o mundo.

Case a metade dos seus 140 000 traballadores adícanse a labores de investigación e desenvolvemento de tecnoloxía. Ten 20 centros de I+D na China, Estados Unidos, Alemaña, Suecia, México, India e Rusia.

Opera en máis de 140 países e con 45 dos 50 maiores operadores de telecomunicacións do mundo.

Huawei foi fundada por Ren Zhengfei en 1987, como distribuidor de produtos PBX importados, centrais telefónicas e servizos de telecomunicacións cun capital inicial de 24 000 Yuans. En 1989, Huawei comezou a desenvolver tecnoloxía propia PBX. Despois de acumular experiencia e recursos no negocio das centrais telefónicas, Huawei acadou o seu primeiro avance no mercado de telecomunicacións en 1993, lanzando o seu C&C08 switch dixital telefónico que tiña unha capacidade de máis de dez mil circuítos. Ata entón, as compañías de telecomunicacións domésticas chinesas non eran quen de construír switchs con tal capacidade.

Huawei ten boa parte do seu mercado na China. No estranxeiro foi gañando cota de mercado cos anos con acordos con outras empresas do sector e gañando contratos con gobernos e grandes operadores de telecomunicacións. A súa condición de empresa chinesa independente de empresas occidentais e a vinculación do seu fundador co exército chinés tense empregado para acusar á empresa de falta de transparencia e de empregar tecnoloxía non suficientemente segura. Nos Estados Unidos, Australia ou no Reino Unido foron suspendidos contratos ou vetado a súa participación en proxectos de telecomunicacións por motivos de seguridade nacional[1] ou para protexer empresas nacionais do sector.

A competencia acusa a Huawei de ser unha empresa con mal servizo postvenda ou directamente de non telo.

En xullo de 2012 Huawei anunciou que estaba en negociacións con Ficosa para instalar na antiga fábrica de Sony en Viladecavalls (Barcelona) o seu centro de reparacións europeo.[2]

A finais de 2018, a filla do presidente é detida no Canadá por orde cursada dende os EEUU con acusación de fraude en relación coas sancións comerciais estadounidenses a Irán[3]. Neste momento, a pesar de dita acusación, a detención entrevese como un chanzo máis na guerra comercial entre os Estados Unidos e a China, neste caso polo dominio das comunicacións 5G no que Huawei leva vantaxe ás compañías norteamericanas.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]