Alcáçovas
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Portugal | |||
| Distritos | Distrito de Évora | |||
| Concello | Viana do Alentexo | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.931 (2021) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 268,13 km² | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
Alcáçovas é unha freguesía portuguesa do concello de Viana do Alentejo, con 268,13 km² de superficie e 2.111 habitantes (2011). (Densidade: 7,9 h/km²).
Foi vila e sede de concello entre 1258 e 1836. Estaba constituído apenas pola freguesía da sede e tiña, en 1801, 1 613 habitantes.
A vila foi o lugar onde se asinou, o 4 de setembro de 1479, o tratado de Alcáçovas (ou tratado de Alcáçovas-Toledo) entre Afonso V e os Reis Católicos, que puxo fin á Guerra de Sucesión de Castela. O duplo nome do tratado débese a que foi inicialmente asinado na vila portuguesa por Afonso V de Portugal, e posteriormente ratificado na cidade de Toledo o 6 de marzo de 1480 polos Reis Católicos.
