Alborear
Aparencia
Alborear | |
---|---|
Fundación | 1931 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Forcarei |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alborear foi un periódico editado en Forcarei en 1931.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Revista quincenal literaria e independiente, apareceu en Forcarei en 1931. Fundada por Virxilio Blanco e Jacinto Caldera Manzano. Jacinto Caldera era o director-administrador e Virxilio Blanco o redactor artístico. De ideoloxía católico-galeguista, propúñase combater a politiquería, o caciquismo, o favoritismo e outras lacras que envelenaban as pequenas vilas de Galicia. Publicou polo menos nove números, sendo o número 9 o correspondente ao 30 de decembro de 1931.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Raposeiras Correa, José (2003). Virxilio Blanco. Análise da súa vida e obra artística. Pedagoxía da emigración. Pontevedra: Autor-editor. pp. 39–40. ISBN 84-607-7071-0.