Jacinto Caldera Manzano
Jacinto Caldera Manzano | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1898 |
Lugar de nacemento | Provincia de Cáceres |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Leoncio Jacinto Caldera Manzano, nado na provincia de Cáceres o 12 de setembro de 1898,[1] foi un mestre e político residente en Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Salamanca.[2] Colaborou en El Adelanto de Salamanca.[3][4] Foi mestre en Gata (Cáceres) en 1926. En agosto de 1927 foi destinado a Vilar (Millarada).[5] Fundou en Forcarei a revista literaria Alborear con Virxilio Blanco, da que foi director-administrador. Foi presidente da sociedade agraria de Millarada. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo, foi nomeado delegado da FETE en Forcarei en marzo de 1934.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado entre outras causas porque tralas elecións de febreiro de 1936 criticou a un mestre-cura en Meaño. Depurado, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo durante dous meses e traslado de escola dentro da provincia en febreiro de 1938.[7] Como consecuencia foi trasladado á escola de Escuadro en marzo.[8] Solicitada a revisión do seu expediente de depuración resolveuse deixando sen efecto a orde pola que foi sancionado e finalmente só foi inhabilitado para cargos públicos e de confianza.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 100.
- ↑ El Salmantino, 3-6-1914, p. 2.
- ↑ El Adelanto, 29-1-1926, p. 1.
- ↑ El Adelanto, 9-4-1926, p. 1.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-8-1927, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 18-3-1934, p. 3.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-2-1938, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-3-1938, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-7-1942, p. 5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jacinto Caldera Manzano na páxina web Nomes e Voces.
- Forcarei (1936-1977)