Alberte II de Bélxica
Aparencia
Alberte II de Bélxica, nado no castelo de Stuyvenberg (Bruxelas) o 6 de xuño de 1934, foi o rei dos belgas dende 1993, trala morte do seu irmán Balduíno, ata a súa abdicación o 3 de xullo de 2013, en favor do seu fillo Filipe de Bélxica. Fillo de Leopoldo III de Bélxica e da súa primeira muller, a princesa Astrid de Suecia.
Casou en 1959 na capital belga con Donna Paola Ruffo di Calabria. Xuntos tiveron 3 fillos:
- O príncipe herdeiro Philippe, duque de Brabante
- O príncipe Laurent
- A princesa Astrid, casada co arquiduque Lorenz de Austria-Este.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |