Albawings é unha aeroliña albanesa con sede en Tirana e baseada no aeroporto de Tirana-Nai Tareixa. No presente é a única aeroliña de Albania que opera voos regulares. A compañía voa dende o seu centro de conexións a varios destinos en Italia.[1]
Albawings foi fundada en febreiro de 2015 por dous empresarios, Gentian Kole e Dhimitër Tola.[2] Albawings obtivo o seu certificado de operador da Autoridade de Aviación Civil de Albania o 4 de febreiro de 2016.[3] O primeiro avión da compañía, un Boeing 737-500, foi bautizado como "Spirit of Tirana".[4]