Aladdin Sane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Aladdin Sane
Álbum de David Bowie
Publicado13 de xullo de 1973
Estudio(s)Trident Studios, Londres
Duración40:47
Xénero(s)glam rock, art rock, hard rock, avant-garde
Selo(s)RCA Records
Producido porDavid Bowie, Ken Scott
Cronoloxía
The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars (1972) Aladdin Sane Pin Ups

(1973)

Aladdin Sane é o sexto álbum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o 13 de xullo de 1973.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi gravado durante o seu tour de Ziggy Stardust nos Estados Unidos de América. Está concibido como unha continuación ao seu anterior álbum, The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars.

O nome do álbum é un calembur entre Aladdin Sane ("Aladino cordo") e A Lad Insane ("Un tipo demente"). Esta era unha referencia ao seu irmán Terry, que fora diagnosticado de esquizofrenia.

O álbum foi descrito polo propio Bowie simplemente como "Ziggy vai a América". Varias das cancións están baseadas en observacións que fixo Bowie durante a súa viaxe polos Estados Unidos como parte do tour.

A portada do disco, unha imaxe de Bowie cun raio atravesándolle o rostro, está considerada como unha das máis icónicas do artista e unha das máis influentes na cultura popular.

Temas[editar | editar a fonte]

Cara 1

  1. "Whatch That Man"
  2. "Aladdin Sane"
  3. "Drive-In Saturday"
  4. "Panic in Detroit"
  5. "Cracked Actor"

Cara 2

  1. "Time"
  2. "The Prettiest Star"
  3. "Let's Spend the Night Together"
  4. "The Jean Genie"
  5. "Lady Grinning Soul"