Aix (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aix era unha cabra[1] tan horrenda que os Titáns, que non soportaban vela, pediron á súa nai Terra (Xea) que a escondera. Gaia enviouna á illa de Creta e, grazas a iso, máis tarde tería a oportunidade a dar o peito a Zeus cando este era un neno e estaba refuxiado na illa.

Da súa pel, Zeus fixo unha coiraza, a Éxida, e un dos seus cornos a Cornucopia, que ofreceu a Amaltea.

Nalgunhas lendas, confúndese á mesma Amaltea, a nutriz de Zeus, coa cabra Aix.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grimal (1981), p. 24

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]